martes, 15 de enero de 2013

domingo, 13 de enero de 2013

Comentario anuncio



Este anuncio comeza cun plano medio curto,que  nos intenta dar a coñecer o personaxe e a súa cara pero co mar o fondo para que quede claro en que tipo de paisaxe está.Despois vén un pequeño plano secuencia,co neno patinando,e despois un plano detalle no que se ven os seus pés.Despois introduce unha foto de cando o rapaz era máis pequeño,nun plano xeral no cal podemos ver toda a foto,a cal se vai ampliando en detalle co paso dos segundos.Con esta foto intentasenos dar máis datos da vida do rapaz buscando unha sensación de tenrura.Móstranse dúas imaxes máis con movementos da cámara e pásase a outra escena.Na seguinte escena vemos un plano xeral ou plano xeral curto,no que nos presentan a situación de que o rapaz quere surfear.A continuación vese o rapaz de espaldas nun plano medio corto,xa que se ve a metade do seu corpo,que é o centro da imaxe,xa que o resto non se ve moi nítidamente. Despois vólvese a ver un plano medio curto,na mesma posición que estaba o principio do anuncio.Seguidamente,un plano xeral do rapaz sentado cun adulto na praia.Xusto despois vén unha imaxe do rapaz cambiándose,nun plano medio.Despois unha panorámica da xente meténdose no mar a surfear, na que se ve a diferenza de altura entre o rapaz e os  outros.Despois ven un plano detalle da cabeza do rapaz,e despois un plano medio do rapaz entrando na auga cos homes detrás.Despois vén unha rápida sucesións de planos curtos,de planos detalle,de planos xerais…,que acaban cun pun plano xeral do rapaz cos seus tres compañeiros de surfeo.Despois vén un plano detalle do seu rostro,para dar unha sensación de confianza mostrando o seu rostro tan de cerca,e con isto,acaba o anuncio co  rapaz bebndo o producto e o rótulo do producto que se intenta anunciar.

lunes, 12 de noviembre de 2012

domingo, 11 de noviembre de 2012

Neste vídeo no que aparece o gran Julio intentaselle dar unha imaxe de elegancia o reloxo.Fainos creer que sen o reloxo non podes ser Julio Iglesias,e que a maneira na que se recoñecen os grandes ídolos é polos reloxos