Este anuncio comeza cun plano medio curto,que nos intenta dar a coñecer o personaxe e a súa
cara pero co mar o fondo para que quede claro en que tipo de paisaxe está.Despois
vén un pequeño plano secuencia,co neno patinando,e despois un plano detalle no
que se ven os seus pés.Despois introduce unha foto de cando o rapaz era máis pequeño,nun
plano xeral no cal podemos ver toda a foto,a cal se vai ampliando en detalle co
paso dos segundos.Con esta foto intentasenos dar máis datos da vida do rapaz
buscando unha sensación de tenrura.Móstranse dúas imaxes máis con movementos da
cámara e pásase a outra escena.Na seguinte escena vemos un plano xeral ou plano
xeral curto,no que nos presentan a situación de que o rapaz quere surfear.A
continuación vese o rapaz de espaldas nun plano medio corto,xa que se ve a
metade do seu corpo,que é o centro da imaxe,xa que o resto non se ve moi nítidamente.
Despois vólvese a ver un plano medio curto,na mesma posición que estaba o
principio do anuncio.Seguidamente,un plano xeral do rapaz sentado cun adulto na
praia.Xusto despois vén unha imaxe do rapaz cambiándose,nun plano medio.Despois
unha panorámica da xente meténdose no mar a surfear, na que se ve a diferenza
de altura entre o rapaz e os
outros.Despois ven un plano detalle da cabeza do rapaz,e despois un
plano medio do rapaz entrando na auga cos homes detrás.Despois vén unha rápida
sucesións de planos curtos,de planos detalle,de planos xerais…,que acaban cun
pun plano xeral do rapaz cos seus tres compañeiros de surfeo.Despois vén un
plano detalle do seu rostro,para dar unha sensación de confianza mostrando o
seu rostro tan de cerca,e con isto,acaba o anuncio co rapaz bebndo o producto e o rótulo do producto
que se intenta anunciar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario